Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



sábado, 21 de diciembre de 2013

FELIZ NAVIDAD Y BUEN AÑO 2014!!

DESDE EL PLAN DE ACCÍON TUTORIAL DE LA FACULTAD DE ECONOMIA Y EMPRESA OS DESEAMOS UNAS FELICES FIESTAS Y UN AÑO 2014 QUE OS LLENE DE FELICIDAD!!

jueves, 19 de diciembre de 2013

VIAXE DE ESQUÍ A GRANDVALIRA-ANDORRA (Semana Branca, do 25 de xaneiro ao 1 de febreiro)

A Área de Deportes da Universidade da Coruña, organiza unha Viaxe de Esquí a Andorra (GrandValira).

A viaxe realízase dentro da Semana Branca universitaria, na que teñen cita mais de 1.000 universitarios de toda España no dominio esquiable de GrandValira.

Inclue:
          Viaxe en autocar dende A Coruña. Saida o 25 de xaneiro pola noite. Volta o 31 de xaneiro despois de esquiar.
          5 días de aloxamento en apartamentos ou hotel. 
          5 días de fortfait
          Seguro de esquí e viaxe
          Opcional (clases de esquí, material, comida en pistas)

Prezo: Dende 299 € (obrigatorio ter o Abono Deporte do 2013/14)
(Prazo de matrícula aberto ata o día 17 de xaneiro)
Mais información na páxina web de deportes ou nas oficinas da Área de Deportes.

lunes, 16 de diciembre de 2013

martes, 10 de diciembre de 2013

“O software libre na ética e na práctica”

Estimados/as compañeiros/as:

O Dr. Richard Stallman, fundador do movemento do Software Libre en 1983, impartirá unha conferencia este mércores 11 ás 16:00 no salón de actos da Facultade de Informática.

No 30 aniversario do movemento do Software Libre, recorrerá nas súa charla os retos na defensa da liberdade os que se enfrontan os usuarios e desenvolvedores de Software, así como a alternativa que presenta o Software Libre dende o punto de vista ético e social.
Estades todos invitados a asistir a conferencia que impartirá en castelán e apta para público non técnico, polo gañador do Premio Takeda pola Mellora Social e Económica e membro do salón da fama de Internet.

Richard Stallman impartirá unha conferencia na FIC sobre “O software libre na ética e na práctica”

  • O fundador e presidente da Free Software Foundation visita a Coruña no 30 aniversario do movemento do Software Libre.
  • O salón de actos da facultade de informática acollerá a charla o vindeiro mércores 11 de decembro as 16:00 horas.
A asistencia a esta charla está aberta ao público en xeral e é de carácter totalmente gratuíto. Para facilitar a organización do evento agradécese o rexistro na charla, que non é obrigatorio e pódese facer de forma ética e anónima: é opcional e non é preciso indicar o nome real, e non fai uso de código JavasScript privativo.

 Un saúdo, Chema Cananova

lunes, 9 de diciembre de 2013

IV Feira de Sustentabilidade na UDC

12 de decembro, de 11 a 19 h, IV Feira de Sustentabilidade na UDC: artesanía, obradoiros, comercio xusto, recollida de alimentos e xoguetes, reciclaxe e moito máis!.
Recordámosvos que dende a OMA queremos aproveitar a chegada do Nadal para convidarvos a participar nesta feira coa que se pretende enviar unha mensaxe de consumo responsable, colaboración e participación na comunidade universitaria.

O vindeiro 12 de decembro poderédesnos acompañar en diversas actividades. Entre elas atoparedes traballos de artesanía, obradoiros referentes ao Nadal e tamén o comercio xusto, entre outros.
Por outra banda, temos oportunidade de facer unha recollida de alimentos e xoguetes que serán levados á Cociña Económica, a cal participa en dito evento. Parécenos algo moi importante debido ás carencias polas que está a pasar a gran maioría da sociedade nestes momentos. Do mesmo xeito tamén se realizará a recollida de móbiles en colaboración co Instituto Jane Goodall. Ofrecerase un chocolate quente como agradecemento á vosa participación.
Poderedes trocar obxectos que non precisedes no mercadiño de troco e disfrutar na compaña dos vosos amigos nunha feira cargada de sorpresas e ambiente de Nadal e, porque non, ecolóxico.
Esta feira terá lugar na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña no campus de Elviña, comezará ás 11:00 da mañá, rematando ás 19:00 da tarde.
Mais información:
Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”
Twitter: @OMA_UDC